top of page

FILIAL | Derrota na ida de semifinais (0-2)

-O Noia Portus Apostoli B caeu diante do CD Lugo Sala no primeiro encontro da penúltima rolda da fase de ascenso a Segunda B, no que viu como lle expulsaban dous xogadores.


-Os de Daniel Ventoso terán que remontar ese resultado desfavorable a próxima fin de semana en Lugo para alcanzar a gran final.

Antón Rodríguez pugna cun rival polo esférico (foto: Pichero)

Outro partido típico dun PlayOff e de todo o que está en xogo nestes momentos. Iso foi o que Noia Portus Apostoli B e CD Lugo Sala protagonizaron este sábado no Municipal Agustín Mourís, e no que os lucenses se levaron o gato á auga, mais aínda cunha cita que disputarse para resolver o finalista deste lado do cadro.


Palabras maiores que provocaron que ambos equipos comezaran respectándose sobre o parqué noiés, resgardándose sobre todo no apartado defensivo, pero amosando unha alta intensidade en cada duelo. Atopaban os lucenses, que avisaron cun tiro ao pau nos intres iniciais, nos disparos exteriores a súa mellor arma, mentres os brancos pouco a pouco entraron en tono e lograron gozar de oportunidades importantes.


Porén, o marcador non se moveu nun primeiro acto que quedou definido pola primeira xogada polémica do partido. Unha forte entrada visitante a Álex Naranjo conduciu a unha liorta, tras a que os árbitros terminaron sinalando a amarela ao infractor e as vermellas para David Silva, do bloque albivermello, e Antón Arnejo, quen pagou a falta de compostura da parella arbitral.


Aos sete minutos da reanudación os de Daniel Ventoso acusaron a expulsión por doble amarela de Power e a posterior situación de inferioridade na que os brancos o deron todo para manter o marcador sen moverse durante dous minutos.


Xa no último tramo de encontro, o marcador continuaba sen alterarse a pesar dos intentos de ambos cadros. Momentos nos que os pequenos detalles deciden encontros, e aí estes déronlle as costas ao Portus Apostoli B.


Co 0-2 nunha acción de contragolpe lucense finalizada con eficacia, e co 0-2 nun balón que se empeñou en entrar na portería de Néstor. A pesar de poder pagar o golpe e a ausencia de dúas pezas importantes polas expulsións, Ventoso introduciu e David Agraso como porteiro-xogador, mais o electrónico non se moveu.


A semana que vén, os noieses viaxarán a Lugo coa intención de dalo todo ata o final e intentar darlle a volta á eliminatoria para alargar ata as últimas consecuencias o soño que persiguen do ascenso a Segunda B.


Ficha técnica:


Noia Portus Apostoli B: Néstor (p), Álvaro, Diego Pérez, Antón Arnejo e Antón Rodríguez. Tamén xogaron Anxo, Power, Insua, Manu Lorenzo (c), Álex Naranjo e David Agraso.


CD Lugo Sala: César (p), Costoya, Longo, David Silva e Miki (c). Tamén xogaron Yago Núñez, Brais García, Dieguito, Iker Varela e Jhordan.


Goles: 0-1 Iker Varela (32’), 0-2 Yago Núñez (35’).


Os colexiados Orbegozo Cantón e Rodríguez Pontanilla amonestaron con cartón amarelo aos locais Power (18’ e 27’), Insua (19’), Pablo López (24’) e Álvaro (24’) e con vermella a Antón Arnejo (18’). Pola súa parte, nos visitantes recibiron amarela Brais García (18’) e Jhordan (24’), con David Silva (18’) vendo a vermella directa.


Incidencias: partido correspondente á ida das semifinais do PlayOff de ascenso a Segunda División B, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.

Comments


bottom of page