top of page

FILIAL | Loita pero sen recompensa (2-1)

Os de Daniel Ventoso, acusados polas baixas, quedáronse a nove segundos de volver de Beade cun punto máis no seu peto.


Contra as adversidades das baixas e a dun rival necesitado de vitorias loitou o Portus Apostoli B en Beade, de onde a súa actuación fixo que mereceran saír con algo máis que unha derrota pola mínima.


Os noieses foron quen de empatar o gol inicial dos locais por medio de Álvaro, e tiveron ocasións como para darlle a volta definitiva ao marcador. Foi por iso que, nos últimos minutos, o cadro filialista xogou con porteiro-xogador. Desafortunadamente, a escasos segundos do final os locais aproveitarían este feito para quedarse cos tres puntos.


Con este marcador, e a falta da disputa do resto de partidos da xornada, os brancos quedan cuartos con sete puntos no Grupo B da Terceira División.


A próxima xornada o Noia Portus Apostoli B non xogará, xa que o calendario cruzábao cun rival retirado da competición. Por tanto, os nosos voltarán á competición dentro de dúas semanas, cando visiten ao ADFS Bueu.


Ficha técnica:


CD Beade MVMB Copefri: Daniel (p), Diego, Juan Manuel, Aarón e Carlos. Tamén xogaron Josué, Ramón, Martín, Alejandro e Nicolás.


Noia Portus Apostoli B: Néstor (p), Anxo, Iago, Antón Arnejo e Antón Rodríguez. Tamén xogaron Insua, David e Álvaro (c).


Goles: 1-0 Aarón (19’), 1-1 Álvaro (30’), 2-1 Martín (40’).


Os colexiados ensinaron cartón amarelo aos locais Aarón (17’) e Jacobo (39’) e ao visitante Antón Arnejo (18’).


Incidencias: partido da xornada oito do Grupo B da Terceira División galega de fútbol sala, disputado no Pavillón IES Beade a porta pechada.

Comentarios


bottom of page