top of page

FILIAL | Pecado de novato en O Carballiño (7-3)

O Noia Portus Apostoli B nunca lle colleu o pulso ao encontro e terminou caendo diante do Carballiño FS.


Chegou a primeira caída do Noia Portus Apostoli B na Terceira División. Nun partido no que os de Daniel Ventoso nunca chegaron a entrar de todo, o Carballiño FS soubo superar as dúbidas dos noieses para lograr os tres puntos.


Os erros atrás e a pouca contundencia e claridade en ataque definiron unha primeira metade na que os noieses, a pesar de chegar a nivelar o encontro no minuto 14, non foron quen de revertir a situación e amosar no parqué o empate que se amosaba no marcador.


Un gol local, a apenas 34’’ do descanso e con todo o que supón moralmente un gol no último minuto, fixo máis dano aínda aos brancos.


Descanso, Carballiño FS 2-1 Noia Portus Apostoli B


Nos segundos vinte minutos o Noia Portus Apostoli B saiu coa intención de darlle a volta ao marcador, pero a incomodidade seguía presente nunha metade que, ademais, transcurriu sen apenas ritmo, froito das innumerables interrupcións provocadas polos colexiados.


Entrando nos últimos dez minutos os locais asestarían dous golpes importantes ao partido, anotando o 3-1 e o 4-1. Dianas que provocarían a entrada do porteiro-xogador no Portus Apostoli B, a 9 minutos do final. Porén, a superioridade non daría resultados, e incluso o Carballiño FS aumentaría a vantaxe.


Dous goles, de Antón Rodríguez e Diego, darían algunha esperanza aos de Ventoso, pero os ourensáns aínda serían capaces de anotar outros dous tantos que deixaban os tres puntos no Carballiño.


Final do partido, Carballiño FS 7-3 Noia Portus Apostoli B


Primeira derrota para o filial, consciente de que a condición de novato tiña que acabar pesando. A Terceira non é sinxela e cómpre corrixir erros de cara ao futuro. Haberá tempo para facelo, practicamente un mes, xa que os noieses non volverán a xogar ata despois de Nadal, o 10 de xaneiro, para recibir ao Vigo 2015 no Agustín Mourís.


Ficha técnica:


Carballiño FS: Xorxe (p), Aarón, Héctor, Jonatan e David. Tamén xogaron Andrés (p), Manuel, Aitor, Eduardo, Adrián, Iago Rodríguez, Jorge e Jonathan.


Noia Portus Apostoli B: Néstor (p), Álvaro, Diego, Antón Arnejo e Antón Rodríguez. Tamén xogaron Manu Lorenzo (c), David, Iago e Insua.


Goles: 1-0 Jorge (4’), 1-1 Aitor en propia meta (14’), 2-1 David (19’), 3-1 Iago Rodríguez (29’), 4-1 Héctor (31’), 5-1 Jonatan (37’), 5-2 Antón (38’), 5-3 Diego (38’), 6-3 Adrián (39’), 7-3 Adrián (39’).


Os colexiados Darriba Rivas e López Ramudo amonestaron con cartón amarelo aos locais Jorge (24’), Eduardo (24’) e Aarón (29’) e aos visitantes Álvaro (19’), Iago (26’), Anxo (26’), Manu Lorenzo (27’) e Antón Arnejo (28’).


Incidencias: partido correspondente á quinta xornada do grupo B da Terceira División, disputado no Pavillón Paco Chao de O Carballiño ante a presenza dunhas 50 persoas.

bottom of page