top of page

FILIAL | Primeiros adestramentos para o Noia Portus Apostoli B

-Este martes deuse a primeira toma de contacto sobre a pista do Agustín Mourís entre xogadores e corpo técnico, encabezado por David Palmas.


-O cadro filial do Noia Portus Apostoli afrontará por segundo curso seguido unha durísima Terceira División.


Despois de superar satisfactoriamente as probas de antíxenos da COVID-19, o Noia Portus Apostoli B deu inicio na tarde deste martes 31 de agosto ao seu período de pretemporada. Tres semanas de preparación para chegar co maior ritmo posible ao vindeiro fin de semana do 18 e 19 de setembro, cando comezará o seu concurso na Terceira División, unha das máis esixentes dos últimos tempos.


Antes de empezar coa primeira sesión, o director xeral do club Javier Barreiro deu a benvida ao plantel filialista, que será outro ano máis un dos máis xóvenes da categoría, e que contará no banco con caras novas para a campaña 2021/2022.


David Palmas será o adestrador do Noia Portus Apostoli B, liderando un corpo técnico no que tamén estarán Daniel Ventoso e Julio Moreno aportando todo o posible para conseguir os obxectivos do equipo.


O Noia Portus Apostoli B visitará Bueu na súa primeira xornada ligueira, mentres que na segunda xornada recibirá ao FS Pontedeume. Consulta toda a información sobre o calendario e o formato de competición AQUÍ.







Comentários


bottom of page