top of page

FILIAL | Tres puntazos en Bueu! (4-5)

Esta vez si os noieses foron quen de volver para Noia con puntos no peto, ademais cunha vitoria importantísima no Pavillón Pablo Herbello bueuense.


Quería o Noia Portus Apostoli B conseguir os seus primeiros puntos fóra da casa, e logrouno ao terceiro intento. Despois dunha primeira metade na que o ADFS Bueu igualaba o tanto inicial de Antón Rodríguez no 14’, os segundos vinte minutos desplegaron toda a acción posible.


Do 24’ ao 30’ os noieses destaparon o tarro das esencias, con catro goles que deixaban o contundente 1-5 no marcador favorable aos de Daniel Ventoso. Estes tantos, firmados por Antón Rodríguez de novo, Iago e Antón Arnejo por partida dobre, non serían suficiente aínda para acabar por pechar o triunfo.


Despois do espectáculo ofensivo, tocou apretar en defensa ante o xogo de cinco dos locais e deixar algo máis de espazo pola acumulación de faltas. Así, foron quen os bueuenses de recurtar no minuto 36’ a distancia a un gol, deixando un panorama de partido emocionante para os últimos catro minutos.


Dous postes e un dez metros que detivo o gardameta noiés Néstor a dous segundos do final, despois da expulsión de Antón Arnejo, non foron suficientes para un ADFS Bueu que terminou entregando os tres puntos a un voluntarioso e meritorio Noia Portus Apostoli B, que, con 10 puntos, escala ata o terceiro posto do Grupo B da Terceira División.


Ficha técnica:


ADFS Bueu: Collazo (p), Asier, Pablo Durán, Rafael e Sancho. Tamén xogaron Fraga (p), Lucas, Noel, Rodrigo, Álex Miranda, Anxo Leal, Dani Gómez e David Dopazo.


Noia Portus Apostoli B: Néstor (p), Álvaro (c), Antón Arnejo, Iago e Antón Rodríguez. Tamén xogaron Anxo, Insua, David, Cristian e Diego.


Goles: 0-1 Antón Rodríguez (14’), 1-1 Noel (19’), 1-2 Antón Rodríguez (24’), 1-3 Iago (25’), 1-4 Antón Arnejo (26’), 1-5 Antón Arnejo (30’), 2-5 Noel (33’), 3-5 Álex Miranda (34’), 4-5 Pablo Durán (36’).


Os colexiados ensinaron o cartón amarelo aos locais Pablo Durán (2’) e Sancho (24’) e aos visitantes Diego (22’), Antón Arnejo (27’ e 40’) e Anxo (40’).


Incidencias: partido correspondente á décima xornada do Grupo B da Terceira División de fútbol sala, disputado a porta pechada no Pavillón Municipal Pablo Herbello de Bueu.

bottom of page