top of page

FILIAL | Triunfo de quilates do Portus Apostoli B (0-1)

Tres puntos de moitísima categoría para os noieses, que visitaban a cancha do líder do Grupo B da Terceira División e souberon manter a portería a cero e acabar anotando un tanto de moita importancia.


O Noia Portus Apostoli B vólvese cos tres puntos de Coruxo. Unha frase moi sinxela, que non amosa o poder que ven amosando o Ganomagoga IES Coruxo FS no campionato. Ata este sábado, só unha derrota (precisamente contra os noieses, no partido da primeira volta), nunca entregaran puntos como locais e moito menos se quedaran sen marcar.


Os de Daniel Ventoso lograron derrubar todo iso, cun tanto final de Antón Arnejo, no minuto 39 de xogo, que consumou a sorpresa no Pavillón Central As Traviesas e que aúpa aos brancos á segunda praza da clasificación, a tres puntos dos de Coruxo e un por riba do Carballiño FS.


A próxima semana o conxunto filial descansará, para dentro de dúas visitar ao Campito Chapela FS, noutro envite que resulta importante para continuar a establecerse na zona alta do Grupo B da Terceira División e seguir aproximándose á salvación matemática.


Ficha técnica:


Ganomagoga IES Coruxo FS: Antonio (p), Bruno, Rodrigo, Daniel e Alejandro. Tamén xogaron Alberto (p), Cristian, Pedro, Javier, Pablo Parra, Alberto, Iago Rodríguez, Alexis e Pablo Rolland.


Noia Portus Apostoli B: Néstor (p), Álvaro (c), Iago, Antón Arnejo e Antón Rodríguez. Tamén xogaron Anxo, Insua, Diego Pérez, David e Churches.


Goles: 0-1 Antón Arnejo (39')


Os colexiados Adrián Castro e Marcos Noya amonestaron con cartón amarelo aos locais Alexis (11'), Iago Iglesias (23') e Pedro (33') e aos visitantes Antón Arnejo (16') e Iago (26').


Incidencias: partido correspondente á 13ª xornada do Grupo B da Terceira División, disputado a porta pechada no Pavillón Central As Traviesas de Coruxo.

Comments


bottom of page