-O Noia Portus Apostoli B fixo táboas co Pabellón EDO Sala Ourense nun encontro de alternativas.
-Con este resultado, os noieses finalizan na segunda praza do Grupo B da Terceira División e xogarán os cuartos dos PlayOff de ascenso a Segunda B fronte o Valdesuso Peugeot Vilalba FS.
Un punto e unha posición escalada logrou o Portus Apostoli B no seu último compromiso da fase regular, logo de empatar por 5-5 no Municipal Os Remedios diante do Pabellón EDO Sala Ourense.
O comezo de partido foi espectacular para os intereses noieses, co golazo de Insua e a diana de Anxo para, xa no minuto 7, situarse co 0-2 favorable. Rozando o descanso, os ourensáns reducían diferenzas, e continuando esa boa dinámica anotaban o 2-2 e o 3-2 en apenas dous minutos da reanudación.
O gol de Diego Pérez no 29’ empataba de novo o electrónico, desnivelado novamente polos locais tan só dous minutos despois. Co resultado de 4-3 chegouse aos minutos finais, un electrónico que se movería en varias ocasións.
Primeiro, co 4-4 de Antón Rodríguez aproveitando o xogo de cinco a falta de tres minutos. Lamentablemente, os locais volverá golpear nun desaxuste defensivo para o 5-4, a algo máis dun minuto para o bocinazo final. Co encontro morrendo, outra vez funcionou a superioridade aos de Daniel Ventoso, con Antón Rodríguez introducindo cun grande xesto o balón na portería.
Final do partido, Pabellón EDO Sala Ourense 5-5 Noia Portus Apostoli B
Con este punto, o Noia Portus Apostoli B termina o seu concurso na fase regular do Grupo B da Terceira División como segundo clasificado con 26 puntos, 8 vitorias, 2 empates e 4 derrotas. Co obxectivo máis que cumprido, os noieses soñarán co ascenso a Segunda B. O rival na primeira eliminatoria será o Valdesuso Peugeot Vilalba FS, terceiros no Grupo A, e contra os que os de Daniel Ventoso terán o factor cancha ao seu favor.
Ficha técnica:
Pabellón EDO Sala Ourense: Eric (p), Julio José, Hugo, Ángel e Antonio. Tamén xogaron Pablo Quiroga (p), Kevin, Fidel, Diego Oliveira, Daniel Gallego, Pablo González, Javier Quevedo e Javier Vaamonde.
Noia Portus Apostoli B: Néstor (p), Álvaro, Insua, Diego Pérez e Antón Rodríguez. Tamén xogaron David Agraso, Anxo e Churches.
Goles: 0-1 Insua (5’), 0-2 Anxo (7’), 1-2 Hugo (20’), 2-2 Daniel Gallego (21’), 3-2 Hugo (22’), 3-3 Diego Pérez (29’), 4-3 Kevin (31’), 4-4 Antón Rodríguez (37’), 5-4 Daniel Gallego (39’), 5-5 Antón Rodríguez (40’).
Os colexiados Jardon Gómez e Orbegozo Cantón amonestaron con cartón amarelo aos locais Daniel Gallego (22’), Javier Quevedo (23’) e Hugo (25’) e aos visitantes David Agraso (27’) e Insua (32’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 22 do Grupo B da Terceira División, disputado no Municipal Os Remedios de Ourense.
Komentáře