Fin de semana con sete partidos para as categorías inferiores do Noia Portus Apostoli, con 5 a disputarse no Municipal Agustín Mourís!
XUVENIL
Despois de caer fronte o Alto do Vento FS "A", o xuvenil de Daniel Ventoso tentará cambiar de sorte na matinal do domingo contra o conxunto "B" do Alto do Vento FS.
CADETE
O conxunto de Liga Galega visita A Coruña para verse as caras o domingo ás 17:30h co AJ Pombo Hércules FS, na novena xornada do campionato e co único obxectivo de seguir distanciándose no máis alto da táboa.
Pola súa parte, o cadete de 1ª Autonómica persegue o seu primeiro triunfo do curso, que podería lograr na mañá do domingo ante o Alto do Vento FS "B".
INFANTIL
Quere alongar a dinámica positiva o infantil despois do triunfo da pasada fin de semana, esta vez recibindo ao Atlético Fátima - P. Alto do Vento FS "B" no Agustín Mourís o domingo a partir das 17:00h.
ALEVÍN
Abrirá a tarde do domingo o alevín, recibindo a visita do Victoria FC "A" no Agustín Mourís a partir das 16:00h, na cuarta xornada do seu campionato.
BENXAMÍN
A partir das 13:30h do domingo o benxamín xogará diante do Stellae FS, en partido correspondente á cuarta xornada ligueira.
PREBENXAMÍN
Visitan os prebenxamíns este sábado o Municipal Grupo Escolar de Padrón a partir das 20:00h para enfrontarse ao CD Sar Extramundi.
Comments