Buscar

HORARIOS BASE | Fin de semana 1/4 a 3/4



Descansan xuvenil e alevín, dobre partido para o infantil e máis nesta fin de semana das categorías inferiores noiesas.


·Este domingo ás 18:00h o cadete recibe ao colista do seu grupo, mais só os separan tres puntos. Buscarán a vitoria os noieses para tentar manterse preto do líder.


·O infantil ten moito traballo por diante esta fin de semana, comezando por hoxe venres. Recupera o seu partido adiado co A Estrada Futsal no Coto Ferreiro a partir das 20:00h. Domingo ás 12:00h, turno do segundo compromiso, visitando ao Oroso FS CD.


·Por segunda semana consecutiva o benxamín actuará como visitante. Dan inicio ao grupo 3 da fase final ligueira contra o Atlético Fátima, este domingo 3 a partir das 13:30h.


·De visita tamén o prebenxamín este mesmo venres. A partir das 19:00h comeza a fase final, no grupo 3, para os noieses diante do Club San Francisco Teo "A".