top of page

HORARIOS BASE | Fin de semana 12/2 a 13/2

Seis encontros programados nesta xornada para as inferiores.

Non paran os máis pequenos do Noia Portus Apostoli FS, que esta fin de semana gozarán dunha nova xornada de fútbol sala, con partidos para as seis categorías inferiores en competición.


Comezarán xogando o sábado tres deles. O cadete tentará seguir no alto da táboa a partir das 10:00 ante o AD Codima. Media hora máis tarde, o infantil visita ao A Estrada Futsal. Pechará a xornada sabatina outros trinta minutos despois o alevín, na cancha do Club San Franscisco Teo.


Para o domingo quedan os tres encontros restantes. Madrugará o prebenxamín para xogar contra o Atlético Fátima "B" ás 11:10. Para a tarde quedan o duelo do xuvenil no Agustín Mourís (o único esta fin de semana) ante o Alto do Vento FS, ás 17:00, e o do benxamín, que xogará a domicilio contra o Stellae FS a partir das 17:50.


HORARIOS: fin de semana 12/2 a 13/2


bottom of page