top of page

HORARIOS BASE | Fin de semana 12/3 a 13/3



Co alevín e o prebenxamín descansando, catro partidos agardan esta fin de semana ás inferiores do Noia Portus Apostoli FS.


·O xuvenil recibe na xornada 12 do seu campionato ao Santiago Futsal "B", rival directo na zona noble da táboa, xa que só os separa un punto. O partido está programado para o domingo 13 ás 12:00h.


·Tamén contra o Santiago Futsal "B", aínda que na capital galega, xogará o sábado 12 ás 11:20h o cadete. Na terceira xornada da segunda fase ligueira, o cadro noiés non quererá deixar escapar uns puntos importantes para manterse arriba na clasificación.


·Misión complicada pero da que seguro sacarán moita aprendizaxe os xogadores do infantil, que ás 11:30h do domingo enfrontaranse no Agustín Mourís ao Jogafán Ordes, líder invicto da súa Liga.


·Na oitava xornada da segunda fase do campionato, o benxamín recibirá a visita do Bertamiráns CF o sábado a partir das 12:30h.

bottom of page