top of page

HORARIOS BASE | Fin de semana 14/5 a 15/5



Todas as categorías terán competición esta fin de semana, en partidos repartidos entre o sábado e o domingo.


·Cuarta xornada da Copa para o xuvenil, que visitará na tarde do sábado ao Oroso FS CD "B" coa intención de superar a derrota da pasada semana.


·O cadete comeza a súa andadura na Copa recibindo no Pavillón Alonso Rodríguez ao oroso FS CD "B", na matinal do domingo.


·Despois dunhas semanas sen acción, regresa o infantil empezando a Copa con visita ao La Salle o domingo pola mañá.


·Desprázase a Padrón o alevín para disputar contra o Stellae FS "B" a segunda xornada do seu torneo copeiro, no partido que iniciará a fin de semana da base na mañá do sábado.


·Un pouco máis tarde e noutro lugar, o benxamín verase as caras co CD Compañía de María "B", tamén en encontro de Copa.


·A xornada rematará co choque do prebenxamín no Pavillón Alonso Rodríguez contra o Atlético Fátima "A". No partido que disputaron entre semana, os noieses perderon por 3-0 contra o Victoria FC "A".

bottom of page