Buscar

HORARIOS BASE | Fin de semana 15/1 a 16/1

Seis encontros para as nosas categorías inferiores na primeira xornada competitiva do 2022.

Comeza o ano para a base do Noia Portus Apostoli FS, que ten a todas as súas categorías con compromisos esta fin de semana.


O sábado será turno do cadete e do alevín. Ambos xogarán no Agustín Mourís, contra o Alto do Vento FS e A Estrada Futsal, respectivamente.


Para o domingo quedarán os catro encontros restantes. Pola mañá, o prebenxamín recibe ao Alto do Vento FS e o infantil ao AD Codima en Noia. En Santiago xogará o xuvenil, visitando ao Santiago Futsal "B" ás 11:15. Pola tarde o benxamín pechará a xornada a domicilio contra o EFS Trasgos.


Horarios fin de semana 15/1 a 16/1