top of page

HORARIOS BASE | Fin de semana 19/3 a 20/3



Todas as inferiores con partido programado para esta xornada, aínda que tan só un no Municipal Agustín Mourís de Noia.


·Recta final deste campionato para o xuvenil, que tentará non descolgarse da zona alta da táboa cunha vitoria na cancha do Jogafán Ordes FS.


·Despois tamén en Ordes, será momento do cadete, en busca de tres puntos que lles permitan manterse con opcións de loitar polo primeiro posto do torneo.


·Cuarto clasificado, o infantil visita a pista co CD Compañía de María - Alpanide, do que só lle separa un punto. De gañar o domingo, escalaría un posto na táboa.


·Regresa do descanso o alevín coa penúltima data da súa Liga, na que lle toca enfrontarse como visitante ao Atlético Fátima "C", o primeiro clasificado. Os noieses son terceiros a seis puntos do seu rival deste domingo.


·Contra o líder tentará o benxamín, na mañá do domingo no único partido en Noia, conseguir o seu primeiro punto nesta segunda fase.


·Ao igual que o alevín, o prebenxamín tamén visita ao Atlético Fátima "A" no mediodía do domingo na novena e penúltima xornada do seu campionato ligueiro.

bottom of page