HORARIOS BASE | Fin de semana 22/1 a 23/1

Ademais, os cadetes xogaron este pasado xoves, caendo derrotados por 2-3 diante do Alto do Vento FS.

Cinco partidos nesta vindeira fin de semana agardan ás nosas inferiores. Tan só un se disputará en Noia. Será o do xuvenil, que recibirá ao Jogafán Ordes FS o domingo a partir das 11:00 horas.


Cadete (que xogou o seu partido aprazado da anterior xornada o xoves, con derrota por 2-3 contra o Alto do Vento FS), infantil, alevín e prebenxamín afrontarán os seus compromisos como visitantes. Sen encontro queda o benxamín, xa que o seu duelo ante o SD Cacheiras queda adiado.


HORARIOS | Fin de semana 22/1 a 23/1