Buscar

HORARIOS BASE | Fin de semana 23/4 a 24/4



Cinco encontros programados para esta fin de semana na base noiesa, co infantil sendo o único equipo que descansa.


·O xuvenil regresa á acción para iniciar o torneo de Copa. O primeiro partido desta competición na que participan cinco equipos enfronta aos noieses co Alto do Vento FS este domingo ás 18:00h no Agustín Mourís.


·O dos xuvenís será o segundo partido da tarde en Noia. Abrirán a tarde de fútbol sala os cadetes, recibindo ás 17:00h na penúltima xornada ligueira ao Santiago Futsal "B".


·E para pechar a sesión dominical vespertina de fútbol sala, ás 19:00h o alevín vese as caras co Victoria FC "A" na derradeira xornada desta fase ligueira.


·Melide acollerá os outros dous choques da fin de semana, con protagonismo para o benxamín, que o sábado ás 12:00h se enfronta ao Club Melide FS.


·Ás 11:00h fan o propio os prebenxamíns co Club Melide FS "B", no partido que abrirá a acción de fútbol sala base noiés esta xornada.