Varios equipos da nosa base terminan as súas competicións ligueiras esta fin de semana, cos seguintes partidos. Só non xoga o infantil, que descansa.
·A mañá do sábado estará chea de encontros no Agustín Mourís, con ata catro. O segundo deles será o do xuvenil, que ás 11:00h recibe ao segundo clasificado dunha Liga que termina esta xornada e na que os nosos queren certificar o cuarto posto do que xa non poden pasar.
·Para pechar a xornada sabatina no Mourís, os cadetes cun cara a cara ás 13:00h entre segundo e primeiro, tan só separados por dous puntos. Os de Julio Moreno buscan unha vitoria que os poña líderes da competición.
·Abre o sábado o alevín contra o Club San Francisco Teo ás 10:00h. Lonxe da segunda praza que ocupa o seu rival desta fin de semana e tamén dos que están por detrás, o noso cadro pechará o seu torneo de Liga con nada en xogo no competitivo, pero con ganas de seguir aprendendo e demostrando na pista.
·O benxamín é o único conxunto noiés que xoga lonxe da casa esta fin de semana. Visita sábado ás 11:10h ao Villestro SD "A", na tamén derradeira data de competición.
·E o partido que completa o sábado de base no Agustín Mourís é o do prebenxamín. Ás 12:00h reciben ao Atlético Fátima "B" no que, da mesma forma, é o encontro que pecha o seu concurso na Liga.
Comments