Buscar

HORARIOS BASE | Fin de semana 29/1 a 30/1

Catro partidos para as inferiores noiesas, descansan alevín e prebenxamín esta xornada.

As inferiores afrontan a súa oitava fin de semana de partidos, con dous na casa e dous lonxe do Agustín Mourís. Pola súa parte, tanto alevín como prebenxamín descansarán esta xornada.


A tarde do sábado en Noia será para o cadete e o benxamín, que recibirán ao UD Estrada FS e o Alto do Vento FS, respectivamente. Á mesma hora que o cadete, pero a domicilio, o xuvenil visitará ao Oroso FS CD. Só un encontro para o domingo, o do infantil, que visita ao Jogafán Ordes.


HORARIOS fin de semana 29/1 a 30/1