HORARIOS BASE | Fin de semana 4/6 a 5/6


Só un partido nesta nova xornada da escola deportiva do Noia Portus Apostoli FS, pero trátase de toda unha final!


O cadete enfrontarase ao Santiago Futsal "B" na gran final da Copa este sábado 4 de xuño a partir das 10:45h no Pavillón Municipal Restollal de Santiago. Para chegar a esta final, os nosos clasificáronse primeiros na fase de grupos previa e derrotaron a fin de semana pasada ao Club Melide FS nas semifinais por 1-7. Tras ese encontro, recibiron o trofeo que os acredita como campións da Liga Grupo Sur.


O rival, o Santiago Futsal "B", clasificouse á ronda de eliminatorias terminando segundo do seu grupo, e na semi venceu 2-6 ao CD Compañía de María para facerse cun oco na gran final deste sábado.


Moita sorte nesta fantástica cita, e pase o que pase estamos moi orgullosos de vós!