HORARIOS BASE | Fin de semana 5/2 a 6/2
- Departamento prensa Noia PA FS
- 4 feb 2022
- 1 Min. de lectura
O cadete é o único equipo que descansa, deixando cinco encontros para as inferiores noiesas nesta xornada.

Novena fin de semana de acción para a nosa base, que a afronta con cinco partidos, debido á xornada de descanso que lle toca ao cadete. Para o sábado exclusivamente queda a visita do xuvenil no mediodía ao A Estrada Futsal.
O resto de encontros, para un domingo de moito fútbol sala no Agustín Mourís. Infantil, alevín e prebenxamín xogarán como locais pola mañá, mentres que o benxamín visitará ao Bertamiráns CF.
HORARIOS fin de semana 5/2 a 6/2

Comments