Buscar

HORARIOS BASE | Fin de semana 7/5 a 8/5



Catro partidos esta fin de semana e un que quedará para o próximo mércores 11 son os compromisos que se presentan para a base noiesa.


·Despois de descansar a pasada semana, o xuvenil regresa para a xornada 3 da Copa, recibindo na tarde do domingo ao A Estrada Futsal.


·O cadete visita Melide na última xornada do campionato con moitas opcións á vista. Terceiro con 14 puntos, está a tan só tres dos rivais desta matinal do sábado, líderes da clasificación. En caso de gañar e que non o faga o CD Compañía de María, segundo con 15 unidades, os noieses serían campións. Porén, e demostrando a igualdade, segundo os resultados que se dean, tamén poderían caer á cuarta praza final.


·Empeza a Copa para o alevín recibindo, ao igual que o xuvenil, ao A Estrada Futsal na tarde do domingo no Municipal Agustín Mourís.


·O benxamín tamén comeza o seu periplo no apartado copeiro, aínda que no seu caso como visitante diante do Victoria FC - Sendokai "B", na mañá do domingo.


·E non será esta fin de semana, senón mércores cando xogue o prebenxamín, tamén para dar inicio á Copa contra o Victoria FC - Furia "A".


FE DE ERROS - Resultados da fin de semana do 30/4 ao 1/5 non publicados no seu momento