top of page

HORARIOS BASE | Fin de semana 9/4 a 10/4



Seis partidos para esta fin de semana na base noiesa, con dobre compromiso para unha das categorías.


·O cadete tentará volver á senda do triunfo visitando ao Alto do Vento FS na tarde do sábado.


·Tamén na xornada do sábado tarde xogará o cadro infantil, que pecha esta fase ligueira recibindo ao AD Codima Compostra.


·Fin de semana esixente para o alevín, comezando pola tarde do sábado, na que se enfrontan no Mourís ao AD Codima Compostra. Para a mañá do domingo queda o seu segundo encontro, contra o Racing San Lorenzo como visitantes.


·A axenda do sábado iníciaa pola mañá o benxamín, recibindo ao SD Cacheiras ás 10:00h.


·E a tarde comezará co choque do prebenxamín, contra o Dubra SD a partir das 16:30h.

bottom of page