Cinco encontros entre este sábado 9 de novembro e o domingo 10 de novembro para as nosas categorías inferiores.
Cuarta fin de semana de competición para a base do Noia Portus Apostoli, que nesta ocasión contará con cinco dos seus conxuntos nos pavillóns.
O sábado 9 de novembro o Municipal Agustín Mourís madrugará para acoller tres deses encontros. Ás 10:30 o primeiro, cos benxamíns recibindo ao Racing San Lorenzo na xornada 3 da Liga Local Galicia. A continuación, tamén na xornada tres do seu campionado, será turno dos cadetes de Julio Moreno, que se enfrontarán ao AD Burgo das Nacións ás 11:30 horas. Por último, o equipo infantil verase as caras co CD Compañía de María ás 12:45 horas, na que será a cuarta xornada para eles.
Os outros dous equipos con acción este fin de semana disputarán os seus choques lonxe de Noia. O prebenxamín farao ese mesmo sábado ás 12:00 horas, cando visite o Pavillón Compañía de María para xogar ante o CD Compañía de María - Alpanide "A" na cuarta xornada ligueira, a mesma que afrontará o equipo xuvenil xa no domingo 10 de novembro, que disputará o seu partido contra o Xuventude Milladoiro ás 12:00 horas no Municipal Apóstol Santiago.
Moita sorte e desexos de diversión para os nosos rapaces e rapazas!
Comments