Horarios dunha nova xornada da nosa escola (14/2 a 16/2)
- Departamento prensa Noia PA FS
- 13 feb 2020
- 1 Min. de lectura
Sete partidos na fin de semana da base, co xuvenil estreando competición.

Nova fin de semana de actuación para as categorías inferiores do club, con sete partidos para seis equipos.
O xuvenil estreará competición, xa que despois de finalizar o campionato ligueiro disputará a primeira xornada da Copa Xuvenil Santiago ante o Xuventude Milladoiro. Será o primeiro dos tres partidos do domingo no Agustín Mourís, xa que pola tarde benxamín e prebenxamín tamén xogarán os seus partidos como locais.
Da mesma forma que o fará o cadete de Julio Moreno o sábado, para verse as caras na xornada 13 da Liga Local Galicia co Oroso FS CD "B". Como visitante actuará o domingo o infantil ante o CD Compañía de María "A", así como o prebenxamín e o alevín nos seus encontros deste venres da Liga Xogade FS Noia en Outes.
Consulta os horarios:

Comments