A nosa Escola Deportiva dá comezo ao ano 2023 con ata 9 partidos en total entre venres e domingo.
XUVENIL
Inicia a segunda volta para o equipo de Daniel Ventoso, recibindo ao Oroso FS CD "B" o sábado 14 ás 12:00h no Agustín Mourís. Actualmente, os nosos ocupan o coliderado con outros dous equipos, sumando 22 puntos.
CADETE
Os líderes da Liga Galega tamén comezan a segunda volta, no seu caso como visitantes na cancha do Colegio Liceo o domingo 15 ás 17:15h. Con 34 puntos, os nosos son líderes con tres de vantaxe sobre o Fisober FSF.
Pola súa parte, o cadete de 1ª Autonómica visita ao Club Melide FS o sábado 14 ás 12:45h, en partido da xornada 10. Os de Julio Moreno, que son 8º con 7 puntos, queren seguir coa boa xeira coa que terminaron o ano.
INFANTIL
Disputa encontro da xornada 2 do Grupo 2 de 1ª Autonómica o equipo infantil, despois de gañar na primeira xornada. Os de Pablo Cardoso visitan ao A Estrada Futsal ás 12:00h do sábado.
ALEVÍN
Tamén en A Estrada xogarán, unha hora antes, os dirixidos por Insua. Xornada 2 do Grupo 2 de 1ª Autonómica para os nosos, que na primeira xornada caeran derrotados contra o Atlético Fátima "B". Antes, o venres, agárdalles un duelo de Liga Xogade en Muros contra o ED Os Miudos "B" ás 18:40h.
BENXAMÍN
Sábado ás 12:00h terá cita da cuarta xornada o equipo benxamín na pista do Oroso FS CD. Os nosos buscan os seus primeiros puntos neste Grupo 2 da 1ª Autonómica. Ao igual que o alevín, o benxamín tamén disputa encontro de Liga Xogade este venres ás 18:00h en Muros contra o ED Os Miudos "B".
PREBENXAMÍN
O segundo e último encontro no Mourís desta fin de semana será o do prebenxamín, que recibirá a visita do Alto do Vento FS, líder da clasificación, en partido da xornada 4 do Grupo 1 da 1ª Autonómica. Ata o momento, os nosos son 4º con 4 puntos.
Comentarios