top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Carrusel no Mourís o domingo 12!



Sete partidos esta fin de semana para os nosos equipos das categorías inferiores, cun especial carrusel de domingo no Mourís con tres deles. O Infantil será o único conxunto que non saltará á pista esta xornada.


XUVENIL

Os de Daniel Ventoso tentarán que a súa estreada condición de líder en solitario continúe coa visita do SD Touro o domingo 12 ás 20:00h no Agustín Mourís, en partido da xornada 14.


CADETE

Repite como local por segunda xornada seguida o Cadete de Liga Galega na xornada 18, na que lle toca enfrontarse ao CD Compañía de María este domingo 12 ás 16:15h no Municipal Agustín Mourís.


Despois deles xogará o Cadete de 1ª Autonómica, recibindo ao Jogafán Ordes FS "A" ás 18:00h en choque da xornada 14.


ALEVÍN

O Municipal Lamas de Abade acollerá o encontro do Alevín de Iván Insua contra o Atlético Fátima, da xornada 6 do Grupo 2 da 1ª Autonómica, este sábado 11 ás 17:00h.


BENXAMÍN

O Benxamín visitará ao Victoria FC - Dinos "C" este sábado 11 ás 18:00h no Pavillón Monte dos Postes de Santiago de Compostela, en partido da xornada 8 do Grupo 2 da 1ª Autonómica.


PREBENXAMÍN

Dobre compromiso para o Prebenxamín, comezando polo venres en partido de Liga Xogade, no que se verán as caras co Outes FC ás 18:40h en A Barquiña. Ao día seguinte, visitarán no Municipal de Santa Isabel ao EDS Santa Marta ás 19:00h, partido da xornada 8 do Grupo 1 da 1ª Autonómica.


bottom of page