top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Cinco partidos para comezar decembro



Catro encontros de 1ª Autonómica e un de Liga Xogade protagonizan a fin de semana que dá inicio ao mes de decembro, no que descansan cadete de Liga Galega e infantil.


XUVENIL

Duelo por todo o alto para o conxunto de Daniel Ventoso, que recibirá na xornada 7 ao Oroso FS CD o sábado 3 ás 19:00h co liderado en xogo.


CADETE

Tamén contra o Oroso FS CD, pero unha hora máis tarde, o cadete de 1ª Autonómica buscará conseguir os seus primeiros puntos da temporada.


ALEVÍN

Os de Iván Insua descansan en 1ª Autonómica, pero teñen compromiso de Liga Xogade este venres 2 contra o ANPA Bergondo ás 17:00h en Bergondo.


BENXAMÍN

Segunda xornada do Grupo 2 da 1ª Autonómica para o benxamín, que visita ao AD Codima - Acougo este sábado 3 a partir das 10:00h.


PREBENXAMÍN

Ás 11:00h en Oroso xogará o prebenxamín, encontro da xornada 2 do Grupo 1 da 1ª Autonómica, diante do Oroso FS CD.

bottom of page