HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Cuarta xornada para o cadete de Liga Galega



Despois do empate do pasado domingo, o cadete de Liga Galega tentará regresar á vitoria visitando este sábado ao Cidade de Narón no Municipal A Gándara, xusto despois do encontro do filial, a partir das 20:00h.


A pesar de atoparse o cadro naronense como un dos últimos clasificados da táboa sen aínda inaugurar o seu casilleiro de puntos, non debe confiarse o equipo de Palmas, quen viu claramente na xornada anterior que se non amosa a súa mellor cara en cada partido, pode sufrir. Todo sexa por seguir instalados na parte alta da clasificación, sobre todo tendo en conta que o vindeiro compromiso levará aos noieses a visitar ao líder.