HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Empeza novembro con sete partidos



Novembro saúda á Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS con sete encontros para a súa primeira fin de semana, repartidos entre o sábado 5 e o domingo 6.


XUVENIL

Os de Daniel Ventoso buscarán a terceira vitoria en tres partidos na súa visita na matinal do domingo al Alto do Vento FS "A".


CADETE

O cadete de Liga Galega dirixido por Palmas afronta a oitava xornada do campionato este domingo no Agustín Mourís, onde recibirá ao Fisober FSF a partir das 19:00h, coa ambición de lograr tres importantes novos puntos.


Pola súa parte, o cadete de 1ª Autonómica de Julio Moreno tentará lograr a súa primeira vitoria do curso na tarde do sábado contra o Alto do Vento FS "A".


INFANTIL

Ás 11:00h do domingo o infantil de Pablo Cardoso xoga diante do AD Codima - Gráficas Esteiro no Municipal Santa Isabel de Santiago, onde quererá resarcirse da derrota da semana pasada.


ALEVÍN

Tamén ás 11:00h, pero do sábado, o alevín de Insua enfrontarase ao EDS Santa Marta no Pavillón Monte dos Postes, co mesmo propósito de volver á senda do triunfo.


BENXAMÍN

O sábado o Municipal Agustín Mourís acollerá dous encontros da Escola Deportiva pola mañá, comezando polo benxamín, que se verá co Alto do Vento FS "A" a partir das 11:30h.


PREBENXAMÍN

O segundo dos encontros protagonizarao o prebenxamín, que xogará ás 12:30h contra o Victoria FC - Los Vengadores "B".