top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Fin de semana con catro partidos no Mourís


Todas as categorías inferiores da Escola Deportiva con tarefas de competición afrontan esta fin de semana, polo menos, un encontro.


XUVENIL

Os de Daniel Ventoso afrontan un duelo directo contra outro dos líderes da competición, o Stellae FS, este sábado 21 ás 11:30h en Padrón, en compromiso da xornada 11 ligueira.


CADETE

O Cadete de Liga Galega tentará esquecerse do empate da pasada fin de semana en A Coruña cando este domingo 22 ás 19:00 reciba ao Los Tres Monos Lago DVSport no Agustín Mourís, en partido da xornada 15.


Pola súa parte, o Cadete de 1ª Autonómica buscará prolongar a xeira positiva na visita a Noia do Atlético Fátima, na 11ª xornada ligueira, o sábado 21 ás 10:30h.


INFANTIL

Xornada 4 do Grupo 2 para o equipo de Pablo Cardoso, que se enfronta este domingo ás 12:00h en parqué noiés ao Alto do Vento FS.


ALEVÍN

Desprázase o Alevín a Santiago este sábado 21 ás 18:00h para verse as caras co Victoria FC "B", en partido da xornada 3 do Grupo 2 ligueiro.


BENXAMÍN

O Benxamín comeza a fin de semana este mesmo venres, disputando contra o CF Noia ás 19:15h en A Barquiña compromiso da Liga Xogade.


En 1ª Autonómica, saltarán á pista o sábado ás 12:00h, cando recibirán ao Club Melide FS "B", na quinta xornada do Grupo 2 do campionato.


PREBENXAMÍN

Tamén ten encontro de Liga Xogade o equipo Prebenxamín, e tamén diante do CF Noia, venres 20 ás 18:30h en A Barquiña.


Para sábado ás 17:00h no Municipal de Melide queda o seu encontro da xornada 5 do Grupo 2 de 1ª Autonómica, diante do Club Melide FS.

bottom of page