HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Importante duelo para o cadete na quinta xornada



O cadete de Liga Galega saltará á pista do Pavillón Compañía de María de Santiago este sábado, para enfrontarse na quinta xornada ao CD Compañía de María. Tan só un punto separa aos noieses, primeiros na táboa, do seu rival, que se sitúa terceiro, dando proba da máxima igualdade do campionato nestes partidos iniciais.


Os de Palmas, que veñen de golear por 2-7 ao Cidade de Narón na anterior xornada, tentarán conseguir a súa cuarta vitoria do curso para manterse no máis alto da clasificación unha semana máis.