HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | O cadete de Liga Galega, a polo 3 de 3



O cadete de Liga Galega volve a protagonizar exclusivamente a fin de semana da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, nesta ocasión coa disputa da terceira xornada do campionato.


Os noieses, líderes da táboa despois de gañar os seus dous primeiros compromisos, reciben ao Academia 5 Coruña FS "B" no Municipal Agustín Mourís este domingo a partir das 12:15h, en busca de manter unha semana máis a súa condición de punteiros. Pola súa parte, os coruñeses contan con 3 puntos na clasificación e veñen de vencer por 9-1 ao Cidade de Narón.