top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Primeiros partidos de febreiro



O segundo mes do ano comeza para as nosas categorías inferiores con ata nove partidos a disputarse entre o venres e o domingo.


XUVENIL

Despois de derrotar ao equipo "A", ao equipo de Daniel Ventoso tocaralle visitar ao "B" do Alto do Vento FS este sábado 4 ás 11:00h no Municipal Lamas de Abade, en partido da 13ª xornada.


CADETE

Os equipos Cadetes serán os únicos que xoguen esta fin de semana no Mourís. O de Liga Galega recibirá ao Cidade de Narón o sábado ás 20:00h, despois do encontro do filial, en compromiso da xornada 17.


Pola súa parte, o de 1ª Autonómica verase as caras co Stellae FS "B" ás 11:30h do sábado, nun choque que pertence á xornada 13 do campionato.


INFANTIL

O Infantil de Pablo Cardoso visitará Bertamiráns ás 17:30h do sábado 4 para enfrontarse ao EFS Trasgos, no que é un partido da xornada 6 do Grupo 2 de 1ª Autonómica.


ALEVÍN

O Alevín de Iván Insua comeza a fin de semana o venres, xogando no Pavillón de A Barquiña contra o ED Os Miudos "A" a partir das 19:45h, en encontro de Liga Xogade. O domingo ás 16:00h, partido da xornada 5 do Grupo 2 de 1ª Autonómica en Bertamiráns contra o FC Meigas.


BENXAMÍN

Ás 19:00h do venres en A Barquiña comezará a fin de semana de partidos para o Benxamín, que se enfrontará co ED Os Miudos "A". Para o domingo ás 12:30h queda o partido da xornada 7 do Grupo 2 de 1ª Autonómica, no que se verá as caras co EFS Rodeiro.


PREBENXAMÍN

Liga Xogade terá tamén o Prebenxamín, este venres a partir das 18:25h, tamén contra o ED Os Miudos "A". E, ao igual que os outros dous equipos anteriores, tamén xogará domingo en 1ª Autonómica, no seu caso partido da xornada 7 do Grupo 1, ás 12:00h contra o AD Codima - Galipizza.

bottom of page