HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Segunda xornada para o cadete de Liga Galega
23 sept 2022
1 min de lectura

Segunda fin de semana de competición para a base noiesa, novamente coa participación exclusiva do conxunto cadete. Despois de vencer na primeira xornada por 7-5, os de Palmas terán a súa primeira viaxe do curso para enfrontarse o domingo ás 19:00h ao Los Tres Monos Lado DV Sport, de As Pontes de García Rodríguez.





Comentarios