top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Última fin de semana de competición do 2022!


Oito partidos ocupan a última fin de semana de acción para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, repartidos entre o venres, o sábado e o domingo.


XUVENIL

Reciben na xornada 9 os de Daniel Ventoso ao A Estrada Futsal "A" o sábado 17 ás 11:15h, coa obriga de gañar para seguir a carreira no máis alto xunto aos rivais cos que se posiciona no coliderado.


CADETE

Volve o cadete de Liga Galega despois dunha xornada de descanso e quere facelo continuando a súa xeira de vitorias. Os de Palmas visitarán ao CP Casás o domingo ás 12:30h no Municipal de Deportes de Lugo, en encontro da xornada 13.


Pola súa parte, o cadete de 1ª Autonómica quererá seguir demostrando o seu paso adiante este sábado ás 10:00h, cando se enfronte no Mourís ao Club San Francisco Teo en partido da xornada 9.


ALEVÍN

Dobre compromiso para o alevín de Insua, comezando polo venres, con partido de Liga Xogade en Esteiro ante a SD Esteirana "A" ás 18:45h. Para o sábado ás 16:15h queda o seu debut no Grupo 2 da 1ª Autonómica, no Mourís diante do Atlético Fátima "A".


BENXAMÍN

Tócalle descanso aos benxamíns en 1ª Autonómica, pero regresan á competición en Liga Xogade, enfróntandose á SD Esteirana "A" este venres 16 ás 18:00h en Esteiro.


PREBENXAMÍN

Ao igual que os alevíns, dous partidos en dous días para os prebenxamíns. O primeiro, este venres ás 17:15h, Liga Xogade ante a SD Esteirana "A". O segundo, sábado ás 19:30h contra o CD Sar Extramundi en Padrón, da xornada 3 do Grupo 1 de 1ª Autonómica.




bottom of page