top of page

MEDIOS | Programa especial da Cadena SER sobre o Noia Portus Apostoli FS

Este martes a partir das 19:00 horas no edificio do Casino de Noia, a cadena radiofónica grava unha edición dedicada integramente ao noso club, coa presenza de varios protagonistas.
Todas as persoas que queiran asistir como público deben enviar un correo electrónico a administracion@noiafutbolsala.com especificando nome e apelidos.
(foto: Pichero)

Os logros do Noia Portus Apostoli FS nunha temporada histórica siguen xerando repercusión máis aló das pistas. Este martes 10 de maio a partir das 19:00 horas, o edificio do Casino de Noia acollerá un programa especial de SER Deportivos da radio Cadena SER, presentado por Toño Bermúdez, dedicado ao noso club, que se emitirá en antena este mércores.


Xunto ao condutor do programa estarán varios dos protagonistas do éxito noiés. O capitán Palmas, Pirata, o adestrador Marlon Velasco e o director xeral da entidade Javier Barreiro reflectirán o sentir do Noia Portus Apostoli FS no que será unha tarde moi especial.


Se queres asistir como público, envía un correo electrónico o antes posible a administracion@noiafutbolsala.com especificando nome e apelidos. O límite de asistentes é de 25 persoas.

Kommentare


bottom of page