A cita deportiva por excelencia desta época festiva non decepcionou, ofrecendo máis de cincuenta partidos en todo un día de espectáculo de fútbol sala.

Unha edición máis do Torneo de Nadal Vila de Noia, a duodécima para ser exactos, disputouse este sábado entre os pavillóns Municipal Agustín Mourís, Alonso Rodríguez e A Barquiña.
Os máis de 500 nenos e nenas dos trece equipos divididos en seis categorías tiveron a oportunidade de gozar, xunto ao resto dos seus acompañantes, dunha xornada de diversión e moito fútbol sala, dende as nove da mañá ata practicamente as nove da noite. Os resultados están recollidos AQUÍ.
Un especial final este ano 2019 o que viviron os rapaces e rapazas participantes, que xa afrontan con ilusión o próximo 2020 con ambicións de seguir aprendendo os valores do noso deporte.
As fotografías do Torneo de Nadal Vila de Noia, dispoñibles no noso Facebook (parte 1 e parte 2)