-Catro puntos separan ao filial branco de certificar a primeira praza do Grupo B da Terceira División a falta de dous partidos por xogar.
-O encontro comezará ás 17:30 horas deste sábado 1 de maio no Municipal Agustín Mourís de Noia.
Billete en man para a fase de ascenso a Segunda División B, o Noia Portus Apostoli B pon en xogo nas dúas últimas xornadas da primeira fase as súas opcións de acabar primeiro de grupo. Agora mesmo terceiros con 25 puntos pero cun partido menos que os dous equipos que o superan (Ganomagoga IES Coruxo FS con 26 e Carballiño FS con 25), os noieses dependen deles mesmos para reclamar esa praza no máis alto da táboa.
E logralo pasa por conseguir, se non fallan os rivais, catro dos últimos seis puntos dispoñibles, comezando polos tres que se disputarán contra o ADFS Bueu este sábado. Despois de recobrar as boas sensacións e o camiño do triunfo ante o Beade MVMB Copefri, os de Daniel Ventoso afrontan esta primeira “final” pola punta da clasificación con confianza pero humildade.
Seguros de si mesmos pero respectando a un rival que, a pesar de vir nunha mala xeira (4 derrotas nos últimos tantos choques) e de caer derrotado no partido da primeira volta, púxolles as cousas ben difíciles ata o último segundo. Foi naquela actuación en Bueu cando o cadro branco colleu o punto á competición e unha velocidade de máis de dous meses sen coñecer outro resultado que a vitoria.
O inicio de algo moi bonito que o Portus Apostoli B quere seguir debuxando da mellor maneira posible, no último compromiso como local antes dun histórico PlayOff de ascenso á terceira categoría nacional.
ENTRADAS
Os socios poderán entrar de maneira gratuita para presenzar o encontro, mentres que o perzo de entrada para os non abonados é de 3€ (ata completar o aforo permitido).
Kommentarer