top of page

Noia Portus Apostoli B-Beade MVMB Copefri: nova oportunidade para o filial

-Os de Daniel Ventoso afrontarán esta fin de semana un encontro importante para tentar pechar definitivamente os seus obxectivos por abaixo e manterse firme nos de arriba.


-Ás 18:00 horas deste domingo día 18 empezará o partido no Municipal Agustín Mourís de Noia, correspondente á xornada 19 do Grupo B da Terceira División.

A derrota en Vigo da xornada pasada, ademais de cortar a xeira de bos resultados, aprazou unha semana máis a consecución matemática da misión principal do Noia Portus Apostoli B. Sellar a salvación canto antes sigue sendo o que lle quita o sono aos noieses, algo que lograrían de gañar este domingo, ou ben se cae o ADFS Bueu no seu compromiso.


Só na primeira opción pensan os brancos, concienciados tamén en manterse o máis alto posible e na loita pola primeira posición da táboa. Enfrente este domingo no parqué do Mourís e xusto detrás na clasificación, a catro puntos pero cun partido máis, está o Beade MVMB Copefri.


O equipo da provincia de Ourense vén de perder diante do Carballiño FS, mais antes acumulaba tres vitorias consecutivas coas que cimentou unha cuarta posición, a última que asegura a permanencia, e que de gañar en Noia terían moi preto de concretar.


Un cadro o de Beade que, segundo amosan os seus números, se sinte máis cómodo a domicilio, con catro triunfos e dúas derrotas, xusto ao contrario que de local. Precisamente unha desas vitorias na casa chegou na visita do Portus Apostoli B por un resultado de 2-1, nun partido resolto nos últimos segundos.


Unha fortaleza como visitante que chocará coa dun Noia Portus Apostoli B que no seu feudo só cedeu un empate, en decembro, e que acude á cita necesitado mental e clasificatoriamente de retornar ao camiño dos tres puntos.

Comments


bottom of page