O filial de Dani Ventoso saltará por primeira vez á pista esta temporada o domingo a partir das 17:30, no que será o seu primeiro partido na categoría de bronce e ante un rival aspirante a estar na zona alta.

Con apenas dúas semanas de adestramentos se prantará o Noia Portus Apostoli B este domingo no Municipal Agustín Mourís, no seu primeiro encontro de temporada. Sen amistosos previos, sen apenas preparación, pero si coa ilusión de iniciar un novo desafío para o equipo, como é o primeiro curso do filial noiés, que contará con caras novas xunto a outras xa coñecidas, na Terceira División na súa historia.
Os brancos, ademais, enfrontaranse a un dos equipos chamados a ser protagonistas, como é o Ganomagoga IES Coruxo FS. Despois de gañar ao Carballiño por 5-1 na primeira xornada, os de Lucas Fernández tentarán volver a sumar de tres no seu casilleiro en Noia para continuar no liderato do grupo e acumulando razóns para crer no seu obxectivo. No momento do parón do pasado campionato, os vigueses figuraban oitavos da táboa clasificatoria, con 36 puntos.
Desafortunadamente e polas medidas COVID-19, só 60 persoas nas gradas do Mourís poderán estar presentes no debut do Noia Portus Apostoli B na Terceira División, este domingo 22 de novembro a partir das 17:30 horas.
Comments