Os noieses, unha vez máis, regresan ao Agustín Mourís (domingo 3 de novembro, 18:00 horas) con intencións de olvidar o sucedido na súa última saída.
Mentres o historial do Noia Portus Apostoli B como visitante é practicamente unha agonía, o que amosan as estatísticas cando está baixo a condición de local é totalmente perfecto. A ese cravo se volverán a agarrar, despois doutra derrota a domicilio, os de “Juve” este próximo domingo, cando reciba ao Jogafan Ordes FS.
“Foi un partido non que competimos ben”, declara Iago, xogador noiés, sobre o encontro ante o 5 Coruña, “pero escapáronse os tres puntos”, aínda que asegura que “as sensacións do vestiario son boas” malia esa dinámica negativa que o equipo arrastra fóra da casa.
“Non temos medo ás malas dinamicas”, continúa Iago, “xa que somos un equipo moi xoven con ganas de loitar todos os partidos da liga sen ningún tipo de prexuizo” e que ademais “estamos deixando todo o posible no campo en cada partido desde o minuto un ata o corenta”.
Algo que tentarán demostrar esta fin de semana onde máis cómodos se sinten. “Na casa somos moi fortes e sempre dá gusto xogar diante da xente que nos apoia, esperemos saír beneficiados do encontro”, no que Iago espera a un Jogafan Ordes FS “que vai dar todo na pista para levarse os tres puntos”, nun partido que describe como “entre rivais diretos porque estamos moi parellos na clasificación e imaxínome que teremos obxectivos similares”.
Os filialistas coñecerán a convocatoria de doce xogadores este mesmo domingo pola mañá, a horas de enfrontarse, ás 18:00, ao Jogafan Ordes na oitava xornada ligueira da Preferente Autonómica – Grupo Norte.
Comments