-Este sábado 29 os de Daniel Ventoso disputan no Municipal Agustín Mourís, a partir das 18:00 horas, o encontro de volta dos cuartos de final dos PlayOff de ascenso a Segunda B.
-Co resultado de 1-5 da ida favorable, os brancos contan cun cómodo colchón, pero sen dar nada por feito antes de que termine a eliminatoria.
Con moito feito, pero outro tanto por facer. Así afronta o vestiario do Noia Portus Apostoli B, conscientes de que quedan corenta minutos por disputarse, o partido deste sábado, tras o que, de facer boa a vantaxe de 4 goles acumulada na ida no Municipal de Vilalba, poñerían pé nas semifinais polo ascenso a Segunda División B.
Repetir unha actuación plenamente competitiva será vital para que os noieses non sufran no marcador global da eliminatoria. Con ese 1-5 da ida terán que negociar tanto afección como xogadores, sempre máis motivados diante dos seus, para acabar de sacar por todas ese billete á seguinte rolda, que tamén sería histórico.
Por outra parte, no outro lado da pista estará un Valdesuso Peugeot Vilalba FS doido polo abultado marcador da ida, nun partido no que foron de máis a menos, e totalmente concentrados e mentalizados en dar a sorpresa e revirar o global.
Todas as cartas para un novo partidazo en Noia este sábado 29 ás 18:00 horas, no que os rapaces de Daniel Ventoso precisarán dos seus para estar máis cerca de seguir superando novas barreiras e prolongar un soño impensable hai uns meses.
Comments