top of page

Noia Portus Apostoli B-Vigo 2015 FS: o filial dá comezo ao 2021 coa ambición de volver a gañar

Un novo ano para o cadro de Daniel Ventoso, que despois de dúas xornadas sen sumar de tres, tentará reencontrarse co sabor do triunfo ante o conxunto vigués.


O 2020 xa quedou atrás, e tamén as vacacións de Nadal, polo que ao Noia Portus Apostoli B tócalle poñerse de novo mans á obra na súa misión principal do curso, que non é outra que a de salvar a categoría a final de temporada.


Despois do debut con vitoria, aos brancos estalles custando encontrar as sensacións, cun empate e unha derrota a continuación. Por iso, comezar o 2021 cunha boa actuación e tres puntos que sumar para o peto resulta moi importante para a moral e a situación na táboa dos brancos, que reciben, ademais, a un Vigo 2015 FS que, en catro encontros, aínda non coñece o triunfo.


Os laranxas chegarán a Noia coa necesidade de conseguir esa vitoria que os aúpe na clasificación do grupo B da Terceira División, na que só suma un punto dos seus doce posibles, sendo o do pasado mércores día 6 o seu último partido, caendo na visita do Carballiño FS por 4-5.


Por tanto, o deste domingo 10 a partir das 18:30 horas, coa presenza dun máximo de 160 (??) afeccionados nas gradas do Municipal Agustín Mourís, promete ser un choque de alternativas, no que ambos conxuntos vaian a polo triunfo con ambicións de comezar a mirar máis para arriba que para abaixo.


Información sobre as entradas


bottom of page