top of page

Noia Portus Apostoli FS-Santiago Futsal: unha final en xogo

Un derbi, con moito máis do que iso supón de por si, cunha praza na finalísima da XXIX Copa Galicia a disputarse no feudo dos noieses, que traen un global favorable de 3-4 do encontro de ida (17:00 horas, sábado 10 de outubro, Municipal Agustín Mourís).

Os noieses durante unha sesión de adestramento

Está o afeccionado do Agustín Mourís moi acostumado a vivir derbis ante o Santiago Futsal, sobre todo nos últimos tempos, mais o deste sábado 10 de outubro será distinto ao resto.


A partir das 17:00 horas e ante as cámaras da Televisión de Galicia e as ondas da Radio Galega, o Noia Portus Apostoli FS afrontará un envite que o pode levar por primeira vez na súa historia á final da Copa Galicia, torneo no que esta rolda de semifinais é o máis lonxe que chegou na súa historia o cadro branco, en dúas ocasións.


Curiosamente terá a oportunidade de cumprir este fito ante o rei da competición galega, o Santiago Futsal. Os santiagueses, que veñen de anunciar a incorporación de Saúl Marrupe, comezaron os adestramentos o pasado 15 de setembro, e este martes disputaron un amigable contra o A Estrada Futsal, con vitoria por 2-8 para os dirixidos por David Rial.


Moito cambiou en ambas escadras desde o partido de ida destas semifinais, terminado cun 3-4 que dá unha lixeira vantaxe aos de Marlon Velasco para este choque de volta. Ata oito caras novas nos noieses, por seis reforzos chegados este verán a Santa Isabel. Así de estrañas son as cousas debido á situación provocada pola COVID-19, que no seu día paralizou a competición.


Por fortuna e xustamente, a RFGF decidiu terminar a edición 2019/2020 na que o Noia Portus Apostoli FS agarda seguir crecendo como club e escribir unha páxina importante máis na súa historia desde este mesmo sábado.


Pirata ten claro que mañá (e sempre) "vou a dalo todo pola camiseta do Noia"


Comments


bottom of page