Unha representación do cadro branco, encabezada polo técnico Marlon Velasco, desprazouse ao centro escolar na mañá deste mércores.
O terceiro colexio que contou coa presencia do Noia Portus Apostoli FS, na súa iniciativa "O Noia Portus Apostoli na escola", foi o CEIP A Picota, centro escolar situado na localidade de Mazaricos.
Nesta ocasión os xogadores que acompañaron a Marlon Velasco e Pablo López na charla didáctica foron Álex Naranjo, Loren e Dani Colorado, cos que os arredor de setenta rapaces presentes puideron pasar un tempo de aprendizaxe dos valores e algunhas normas do noso deporte, ademais de comprender o que representa o Noia Portus Apostoli e a súa escola deportiva.
A visita finalizou co sorteo de bufandas e productos do club, xunto coas fotografías e autógrafos coas que os xogadores atenderon os propósitos dos rapaces e rapazas.
Comentários