top of page

O coleccionista: Palmas busca a súa oitava Copa Galicia

O compostelano estará este sábado 9 de xaneiro ante a oportunidade de lograr un novo título do torneo galego, o que faría medrar máis a súa lenda nesta competición.


2006, 2009, 2010, 2011, 2012, 2016 e 2017. En todos eses anos David Palmas levantou o trofeo da Copa Xunta/Copa Galicia, vestindo a camiseta do Autos Lobelle/Santiago Futsal. Case catro anos máis tarde da última, nunha edición interminable por mor da COVID-19, grazas ao bo traballo pola súa parte, agora como capitán do Noia Portus Apostoli FS, e dos seus compañeiros, preséntase diante dun reto ilusionante: seguir aumentando o seu palmarés no torneo máis galego.


Desta forma, aparte de ser unha cita histórica para o club noiés, tamén o será para un Palmas rei desta competición no plano individual, froito dunha xa dilatada e tamén reseñable carreira no fútbol sala nacional, e líder dun vestiario que suma outras sete Copa Xunta/Copa Galicia (tres Antonio Diz e unha Armando, Álex Pérez, Pope e Luisma).


Eses logros, porén, non calman a ambición e a fame de todos os mencionados e do resto do plantel do Noia portus Apostoli FS de sumar este sábado ás súas vitrinas un codiciado trofeo, o que se poñerá en xogo na gran final de Narón ante o Pescados Rubén Burela.

bottom of page