Buscar

O equipo Xuvenil marca o comezo da base noiesa

Este luns dous de setembro o equipo Xuvenil, que estará adestrado por Pablo López, comezará os adestramentos cunha xornada de portas abertas ás 16:00 horas.


Pablo López repite como adestrador do Xuvenil

As categorías inferiores do Noia Portus Apostoli comezan o seu camiño nesta nova temporada 2019-2020, sendo o equipo xuvenil o primeiro en poñerse mans á obra, cun adestramento a portas abertas este luns 2 de setembro ás 16:00 horas no Municipal Agustín Mourís.


Pablo López repetirá como técnico dos xuvenís brancos, cos que a temporada pasada logrou a Copa e a Supercopa Locais de Santiago. Pablo compaxinará esta función coa de segundo adestrador do primeiro equipo.