top of page

O filial branco bota a andar

O Noia Portus Apostoli B comezará a adestrar este xoves, con Dani Ventoso "Juve" como novo adestrador.


Parte do plantel filialista na presentación da temporada

Nova temporada e moitos cambios no Noia Portus Apostoli B, que comezaba este martes pola tarde o curso 2019-2020 coa habitual reunión previa. O primeiro e máis notable cambio é o novo adestrador do conxunto filial branco.


Dani Ventoso “Juve” farase cargo do equipo nesta temporada, que será a segunda consecutiva en Preferente Autonómica – Grupo Norte. Adestrador con experiencia, foi técnico tanto do filial como do primeiro equipo (neste último caso de maneira interina) no pasado, retorna aos bancos despois duns anos alonxado das pistas.


Desta forma, o novo adestrador do filial noiés puido gozar da primeira toma de contacto co seu novo equipo, un plantel de novo moi xoven que non se coloca obxectivos clasificatorios máis aló de seguir competindo e aprendendo, e que comezará os adestramentos de pretemporada este próximo xoves, a algo menos dun mes de comezar o campionato ligueiro.

Comments


bottom of page