top of page

O filial perde o liderato e o invicto en Begonte (6-2)

O conxunto de “Juve” cedeu os seus primeiros puntos da temporada na visita ao Municipal de Begonte, nunha tarde na que non amosaron a súa mellor versión de xogo.


Nico conduce o balón ante Diego nun adestramento

Chegou ao seu fin o inicio perfecto co que o Noia Portus Apostoli B dera a benvida á Preferente Autonómica – Grupo Norte. A racha de vitorias consecutivas quedou en tres en Begonte, da mesma forma que un liderato que agora pasa a mans dos begonteses.


Dende o comenzo do encontro os locais impuxeron o seu ritmo, achegándose con peligrosidade á portería noiesa. Tamén os nosos dispoñerían dalgunha ocasión no seu apartado ofensivo, pero sen lograr o cometido de anotar un tanto.


Demoraríase bastante en chegar o primeiro dos goles do partido, asinado polo Concello de Begonte FS no minuto 17 da primeira metade. Desafortunadamente para os intereses filialistas, ao chegar o primeiro desafogáronse os locais. Dous tantos máis chegarían antes do descanso para irse cun 3-0 aos vestiarios.


Descanso, Concello de Begonte FS 3-0 Noia Portus Apostoli B


Tentou o cadro visitante na segunda metade cambiar a dinámica do encontro e volver a meterse de cheo nel, algo que non chegaría ata a introducción do porteiro-xogador. Nos minutos 35 e 36 dous tantos co xogo de cinco volverían a poñer emoción a un choque que parecía decidido.


Porén, tres goles do Concello de Begonte FS encargouse de disipar esas esperanzas case inmediatamente, nuns seguintes minutos que acabaron por decantar e decidir o destino e o resultado final do encontro.


Final do partido, Concello de Begonte FS 6-2 Noia Portus Apostoli B


Tiña que acabar chegando e chegou na cuarta xornada a primeira derrota do filial, que agora depende dos demais marcadores para coñecer en que posición chegará ao próximo partido, no que se verá as caras co Club del Mar en A Coruña, na que será a segunda salida consecutiva dos de “Juve”, esta vez co obxectivo de volver a vencer.


Comments


bottom of page