top of page

O Noia Portus Apostoli B 2020/2021 ponse en marcha

O filial do club branco, que xa sabe cal será o camiño a seguir na súa primeira temporada na Terceira División, comeza a andar no seu curso máis estraño.

Imaxe da videoconferencia mantida entre os membros do Noia Portus Apostoli B 2020/2021

A martes 10 de novembro dará comezo á súa temporada 2020/2021 o Noia Portus Apostoli B coa sesión de adestramento inicial… se todo vai ben nos test anti COVID-19 que realizarán en primeiro lugar tanto xogadores como corpo técnico.


Os xogadores do plantel do filial noiés neste novo curso, no que volverán a estar dirixidos por Daniel Ventoso, xa tiveron a súa primeira toma de contacto co seu adestrador a semana pasada, cunha reunión telemática que tamén incluiu ao director xeral Javier Barreiro, para comezar a preparar o que será o primeiro concurso na historia do Portus Apostoli B na Terceira División.


Os noieses encaran a contrarreloxo pero con moita ilusión o seu debut na cuarta categoría nacional, que se producirá este mesmo mes de novembro.

Comentarios


bottom of page